Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 24 das normas subsidiarias de planeamento deste concello.

Expte. número: 10/0871 U.

Código: 2010002070.

Asunto: modificación puntual número 24 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Nigrán referida ás ordenanzas 6 de edificación unifamiliar intensiva e 7 de edificación unifamiliar extensiva.

Trámite: información pública.

Norma reguladora: Lei do Parlamento de Galicia número 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo (artigo 85.2).

Prazo: dous meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co previsto na normativa aplicable ao procedemento correspondente, durante o prazo sinalado calquera persoa poderá examinar o expediente nas dependencias municipais e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

Nigrán, 1 de xuño de 2012

Alberto Valverde Pérez
Alcalde