Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-74/12 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro de 1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, nº 79.-2º de Ourense.

Ourense, 22 de xuño de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-74/12.

Denunciado: Luis Bello Vázquez.

NIF: 34993739K.

Establecemento: A Botica.

Enderezo: r/ Caridade, número 20 B. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 120 euros.

Número de expediente: OU-E-75/12.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

NIF: 76729940P.

Establecemento: Principal.

Enderezo: r/ Tomás María Mosquera, número 25 B. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 80 euros.

Número de expediente: OU-E-84/12.

Denunciada: Ocio Arenteiro, S.L.

NIF: B32407009.

Establecemento: Musk.

Enderezo: r/ Chamoso Lamas, número 16 A-B baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 150 euros.

Número de expediente: OU-E-86/12.

Denunciado: Luis Bello Vázquez.

NIF: 34993739K.

Establecemento: A Botica.

Enderezo: r/ Caridade, número 20 B. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 210 euros.

Número de expediente: OU-E-98/12.

Denunciada: Tecnodifusion Barco, S.L.

NIF: B32282733.

Establecemento: Bik Bok.

Enderezo: r/ Abdon Blanco, número 12 B. O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 450 euros.

Número de expediente: OU-E-106/12.

Denunciada: Tómate Outra Solutions, S.L.

NIF: B32402927.

Establecemento: Berlín.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, número 6. Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 750 euros.