Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27137

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (259/2010).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 1, en funcións do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 259/2010, por instancia de Estefanía Rodríguez Marcote, contra Manteiga Cacheiro Julio Javier sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 18.4.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Estefanía Rodríguez Marcote, asistida do letrado Antonio Pousa Meréns, contra a entidade Manteiga Cacheiro Julio Javier (Autoescuela Ronda), en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.750 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta é firme e contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Manteiga Cacheiro Julio Javier (Autoescuela Ronda), expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2012

A secretaria xudicial