Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26620

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2012 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, e a data, a hora e o lugar de realización das probas.

En virtude da Resolución do 7 de xuño de 2012, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do vernes 15 de xuño de 2012, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Unha vez transcorrido o prazo establecido para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos as probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es, e nelas farase constar, así mesmo, se está exento ou non da proba de coñecemento do idioma galego.

Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros titulares e suplentes:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica Mª Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Guillermina Núñez Rodríguez.

Jesús Lata Buceta.

Daniel Sansó-Rubert Pascual.

– Tribunal suplente:

Presidente: Antonio Rodríguez Álvarez.

Secretaria: María Elena Porto Gómez.

Vogais:

José Antonio Fernández López.

José González Cores.

Monserrat Carracedo Goldar.

2. A súa actuación e funcionamento rexerase polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Desenvolvemento das probas:

Convócase aos aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 11 de xullo de 2012 na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avda. da Cultura, s/n. A Estrada.

A actuación dos/das aspirantes terá lugar por orde alfabético:

– Proba de coñecementos:

Ás 9.30 horas.

– Proba psicolóxica:

Ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 2 de xullo de 2012

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe de excluídos

Areal Avalle, Manuel

Batista Paes, Ismael

Cabana del Valle, Rubén

Carrera Ríos, Ignacio

Casal Millos, Rubén

Corredoira Andrés, Martín

Costas Campos, José Manuel

Djitte, Ousmane

dos Santos Brito, Paulo Artur

Fernández Sesto, Francisco Javier

Liranzo Montes de Oca, Ifelin

Mbengue ., Baba

Morales Ordóñez, Dunieski

Ndiaye ., Seck

Otero Fernández, Luis Ángel

Ramos Leira, José Avelino

Reguera Iglesias, Miguel

Rojo Costas, Miguel Ángel

Silva Sánchez, Manuel

Silven Soto, David

Sousa Bande, Óscar Luis

Suárez Román, José Ángel

Taboada Ramis, Francisco Javier

Veiga Abel, Alfonso