Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26617

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do convenio de actores e actrices de teatro de Galicia relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2012.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais do ano 2012, que subscribiu a comisión paritaria do convenio de actores e actrices de teatro de Galicia, na xuntanza que tivo lugar o 17 de abril de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do día 17 de abril de 2012 na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de actores e actrices de teatro de Galicia, asistindo as persoas a continuación sinaladas:

– Representación empresarial:

Salvador del Río Pérez (Escena Galega).

Julio Nieves Munín (Agadic).

– Representación sindical:

Mª Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Raimundo Méndez García (UGT).

Aitor Sebio Molguero (CIG).

Xavier Estévez Montoto (AAAG).

Guillermo Carbajo (AAAG).

O motivo da presente xuntanza é a revisión e aprobación da táboas salariais do convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2012.

Logo das oportunas deliberacións e debate, sobre a cuestión obxecto de tratamento pola presente comisión, procede reflectir en acta o seguinte.

1. En relación cos incrementos salariais do convenio colectivo para o ano 2012 a comisión acorda proceder á actualización das táboas salariais, que se achegan como anexo 1 á presente acta, conforme a suba do IPC do ano 2011 (2,4%), e acorda aprazar a suba do 5% correspondente ao acordado para o ano 2012 ata o vindeiro ano.

2. A comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para proceder á realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación das anteditas táboas ante autoridade laboral.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 13.30 horas do día da data e redacta para o seu efecto a presente acta que asinan por duplicado exemplar todos os asistentes.

Compañías «A»:

Categoría profesional

Soldo 2011

Soldo 2012

Bolo 2012

Categoría 1ª

1.747,69

1.789,63

168,84

Categoría 2ª

1.542,08

1.579,09

151,92

Categoría 3ª

1.267,94

1.298,37

132,69

Categoría 4ª

1.129,90

1.157,02

118,04

Compañías «B»:

Categoría profesional

Soldo 2011

Soldo 2012

Bolo 2012

Categoría 1ª

1.456,64

1.491,60

159,04

Categoría 2ª

1.274,56

1.305,15

142,91

Categoría 3ª

1.183,52

1.211,92

129,84

Categoría 4ª

1.001,44

1.025,47

113,71

Axuda de custo

40,97

41,95

Compañías institucionais

Categoría profesional

Soldo 2011

Soldo 2012

Bolo

Protagonista

2.887,79

2.887,79

232,33

Principal

2.171,69

2.171,69

203,29

Secundario/a

1.625,05

1.625,05

188,77

Axudas de custo Galicia

66,16

66,16

Axudas de custo fóra de Galicia

94,16

94,16

Retribucións por gravación

2012

2,40%

Categoría

Grupo A

Grupo B

Institucionais

Protagonista

376,76 €

358,04 €

464,39 €

Principal

339,32 €

320,60 €

406,22 €

Secundario/a

297,20 €

292,52 €

377,13 €

Elenco

264,43 €

255,07 €

0,00 €