Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre licitación dun contrato de servizos de conserxaría e limpeza dos pavillóns de varios centros.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca concurso para a licitación dun contrato de prestación de servizos de conserxaría e limpeza dos pavillóns do CEIP A. Insua Bermúdez, CEIP M. Mato Vizoso e Municipal, por procedemento aberto e trámite de urxencia.

Valor estimado do contrato: 182.500,00 € para os cinco (5) anos, IVE excluído (18%). Orzamento base de licitación anual: importe neto: 36.500,00 €, IVE: 6.570,00 €; total: 43.070,00 €. Prazo de catro (4) anos, con posibilidade de prórroga dun ano. Os interesados poden acceder á información complementaria a través da Plataforma de contratación pública de Galicia. Perfil do contratante.

Vilalba, 28 de xuño de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde