Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26730

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato para o servizo de publicidade en medios de comunicación, para a difusión de información e promoción da doazón de sangue desta fundación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-FCT1-12-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de publicidade en medios de comunicación para a difusión de información e promoción da doazón de sangue pola Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG 7.2.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 150.000,00 € (IVE non incluído).

5. Orzamento base de licitación: 150.000,00 € (IVE non incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2012.

c) Contratista: Imaxe Intermedia, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: 150.000,00 (IVE non incluído).

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia