Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26732

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Incyde - Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa

ANUNCIO do 4 de xuño de 2012 polo que se anuncia a posibilidade de participar como organismo beneficiario do programa operativo do Feder 2007-2013, eixe 2, para a creación de viveiros de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Fundación INCYDE e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional anunciou a posibilidade de participar como unha institución elixible no programa operativo do Feder 2007-2013, eixe 2 para a creación de viveiros de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia. O período de elixibilidade dos proxectos será de 1.1.2007 a 31.12.2015. Este proxecto ten como obxectivo a adquisición, construción, rehabilitación e equipamento de viveiros de empresas, levados a cabo por organismos públicos e cuxa porcentaxe máxima de cofinanciamento é fixada en 80%.

O proxecto terá que axustarse á nomativa comunitaria e/ou nacional enmarcada neste proxecto que ademais cumprirán cos seguintes criterios de selección das operacións:

– Necesidade de creación de emprego. Terase en conta o estudo que amosa o potencial beneficiario en canto ao impacto favorable que producirá a instalación dun viveiro de empresas na creación de pemes e, polo tanto, na xeración de emprego. Prestarase atención ao impacto sobre o emprego das mulleres

– Complementariedade noutros procesos. Valoraranse as actividades de formación que propoña realizar o potencial beneficiario para a creación e consolidación de empresas.

– Consolidación. Outro factor decisivo é o efecto da construción do viveiro na consolidación das pemes que precisan cambiar a súa estrutura clásica e adaptarse ás novas tecnoloxías e sistemas modernos de xestión a través da súa localización nun ámbito adecuado, que permita e axude á súa supervivencia.

As consultas e información poden ser enviadas a:

Fundación INCYDE

r/ Ribera del Loira 12

28042 Madrid

Teléfono: 915 90 69 60/61

Madrid, 30 de maio de 2012

Ángel Colomina Pérez-Herrera
Director xeral