Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26728

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para estación base de telefonía móbil.

France Telecom España, S.A. (Orange) solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de estación base de telefonía móbil na parcela nº 24 do polígono 48, sita no lugar coñecido como Campo Labrado, na parroquia de Naraío. Cumprindo o disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante este tempo (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que estimen oportunas.

San Sadurniño, 13 de febreiro de 2012

Secundino García Casal
Alcalde