Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26727

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun matadoiro mancomunado para Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal.

O Concello de Ribeira promove licenza municipal de apertura dun matadoiro mancomunado para Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal, que se instalará no polígono industrial de Xarás deste termo, proxecto redactado pola enxeñeira agrónoma Mª Cruz Yáñez Gayoso, colexiada nº 748, con data de abril de 2007. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ribeira, 27 de xuño de 2012

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde