Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a subministración de servidores e encerados interactivos para o centro de coñecemento Vinte Doce (referencia 2196).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: referencia 2196.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de servidores e encerados interactivos para o centro de coñecemento Vinte Doce. Lote 1: servidores. Lote 2: encerados interactivos.

c) CPV:

– Lote 1: 30236000-2.

– Lote 2: 30236000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP número 71, do 26 de marzo de 2012, e DOG número 60, do 27 de marzo de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 95.590,00 euros. IVE: 17.206,20 euros. Importe total: 112.796,20 euros, desagregado do seguinte modo:

– Lote 1: servidores: 83.200,00 euros, máis 14.976,00 euros de IVE.

– Lote 2: encerados interactivos: 12.390,00 euros, máis 2.230,20 euros de IVE.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 31 de maio de 2012.

– Lote 2: 31 de maio de 2012.

b) Data de formalización:

– Lote 1: 7 de xuño de 2012.

– Lote 2: 6 de xuño de 2012.

c) Contratista:

– Lote 1: Asac Comunicaciones, S.L.

– Lote 2: Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: importe neto: 83.195,00 euros. IVE: 14.975,10 euros. Importe total: 98.170,10 euros.

– Lote 2: importe neto: 6.750,78 euros. IVE: 1.215,14 euros. Importe total: 7.965,92 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

– Lote 1: ser a oferta máis vantaxosa economicamente para a Administración, ao conxugar a oferta económica propiamente dita, o incremento do número de servidores (2), o incremento dos anos de garantía (1), a mellora na memoria dos servidores (32 Gbytes) e a capacidade de almacenamento centralizado (1,2 Tbytes).

– Lote 2: ser a oferta máis barata, o prezo é o único criterio de adxudicación.

Ourense, 7 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde