Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan de sectorización do solo rústico de desenvolvemento Trigueiriza do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

A Xunta de Goberno Local de Lalín, na sesión do 14 de xuño de 2012, aprobou inicialmente o Plan de sectorización do solo rústico de desenvolvemento Trigueiriza do PXOM de Lalín (Pontevedra).

A actuación urbanística prevista correspóndese co planeamento de desenvolvemento, de iniciativa privada da entidade Avenida Trigueiriza, S.L., dunha superficie de 40.035 m2 no ámbito do solo rústico de desenvolvemento (SR-D) no lugar coñecido como A Trigueiriza, sito ao norte do núcleo urbano de Lalín e da rúa Trigueiriza, a ambas marxes da vía S.G.-V.5 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín, e estremeiro co arroio de Balados (SR-P.3 leito e ribeiras) destinados a espazos libres e zonas verdes públicas, e o uso previsto é mixto terciario-comercial e residencial.

En cumprimento do establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, segundo redacción dada pola Lei 15/2004, acordouse tamén expoñer ao público o antedito expediente, inserindo anuncios no Diario Oficial de Galicia, en dous xornais da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado e presentar, no seu caso, alegacións ou reclamacións a este na Secretaría Xeral do concello, durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 21 de xuño de 2012

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo