Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Bértoa.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 32/2012.

Actividade: ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Bértoa.

Situación: A Pedreira, Bértoa, Carballo.

Solicitante: Arcebispado de Santiago de Compostela, representado por Jesús Antelo Quintáns.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 6 de xuño de 2012

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde