Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para ampliación de taller de reparación de vehículos (expediente 134/12).

Talleres Villar e Hijos, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a ampliación de taller de reparación de vehículos en rama mecánica, e chapa e pintura, con licenza de apertura 39/06, na rúa da Pomba, número 4, baixo, esquina rúa Trapero Pardo, número 9.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Lugo, 5 de xuño de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo