Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para actividade de almacén e reforma de nave.

Elvita Rivas López solicita licenza municipal para a instalación da actividade de almacén, balsas de xurro e reforma nave de explotación no lugar de Cochín da parroquia de Sistallo, sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por período de vinte días –que empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación–, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade, poidan examinar o expediente, que se atopa a súa disposición na secretaría municipal, e formulen por escrito reclamacións ou observacións, se o estiman oportuno.

Cospeito, 25 de maio de 2012

Armando Castosa Alvariño
Alcalde