Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de licitación da implantación da segunda fase da administración electrónica no concello de Ames.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Ames.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) É a contratación do servizo da implantación da segunda fase da administración electrónica no Concello de Ames.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Concello de Ames.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 177.342,80 euros (sen IVE). IVE (18%): 31.921,70 euros.

Clasificación do contratista: grupo V, subgrupo 2, categoría D.

5. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación sen IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ames.

b) Domicilio: praza do Concello s/n, Bertamiráns.

c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

d) Teléfono: 981 88 30 02.

e) Telefax: 981 88 39 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no rexistro xeral do Concello de Ames, ata as 14.00 horas, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

a) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Ames.

1. Entidade: Concello de Ames.

2. Domicilio: praza do Concello s/n, Bertamiráns.

3. Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello.

b) Domicilio: praza do Concello s/n, Bertamiráns.

c) Localidade: Ames.

d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do Concello.

9. Gasto de anuncios. Importe máximo: 1.800. euros.

10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org.

Ames 22 de xuño de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde