Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de exposión ao público de licenza de apertura de punto limpo a nome da Deputación Provincial de Ourense.

Juan Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación Provincial de Ourense, solicitou neste concello licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado a punto limpo na rúa 4 do polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 18 de xuño de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde