Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do artigo 108 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ribeira.

O Pleno desta Corporación, en sesión extraordinaria e urxente do 30 de marzo de 2012, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do artigo 108 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ribeira, de conformidade co procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en cumprimento do disposto nos artigos 84 e 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e someter o expediente a información pública e audiencia dos interesados durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Así mesmo, solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, para a presentación de suxestións e reclamacións.

En virtude do disposto no artigo 77 da LOUGA, este acordo de aprobación inicial determina por si mesmo a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio (locais que soliciten licenzas de actividade de pub e discotecas) afectados pola modificación puntual do PXOM aprobada inicialmente, sen prexuízo da súa extinción anticipada como consecuencia da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM

Ribeira, 16 de maio de 2012

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde