Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre actividade de bazar.

Changka Li solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de bazar que vai situar na avda. de Castelao, nº 17, baixo, neste municipio de Ponteareas. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ponteareas, 25 de maio de 2012

Salvador González Solla
Alcalde