Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26571

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de licitación dun contrato de servizos de conserxaría, limpeza e mantemento básico de varios colexios.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca concurso para a licitación dun contrato de prestación dos servizos de conserxaría, limpeza e mantemento básico dos colexios de Monseivane en Moreda-Lanzós; Castelao en Belesar; Insua Bermúdez, Mato Vizoso e Escola de Educación Infantil en Vilalba, por procedemento aberto e trámite de urxencia.

Valor estimado do contrato: 199.989,11 € (IVE excluído). Orzamento base de licitación anual (11 meses): importe neto: 99.994,55 €, IVE: 17.999,02 €; total: 117.993,57 €. Prazo: dous (2) anos, sen posibilidade de prórroga. Os interesados poden acceder á información complementaria a través da Plataforma de contratación pública de Galicia. Perfil do contratante.

Vilalba, 27 de xuño de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde