Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26494

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (67/2010).

Eu, Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 67/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Rodríguez Lorenzo, contra a empresa Maderas Brandia, S.L., Maderas San Xusto, S.L., Ansa Moledo, S.L., Pedra Sartaña Noya, S.L., Aurelio Moledo Laranga, Maderas Moledo, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza, do 31 de maio de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, desestimando a excepción de falta de lexitimación pasiva alegada pola mercantil Maderas Moledo, S.L., estimo integramente a demanda interposta por José María Rodríguez Lorenzo contra Maderas Moledo, S.L., Aurelio Moledo Laranga, Pedra Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandia, S.L., Maderas San Xusto, S.L., Ansa Moledo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente a Maderas Moledo, S.L., Aurelio Moledo Laranga, Pedra Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandia, S.L., Maderas San Xusto, S.L. e Ansa Moledo, S.L. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 5.700,00 euros, en concepto de salarios de xuño, xullo, cinco (5) días de agosto, extra de xullo, extra de decembro e vacacións de 2009.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maderas Brandia, S.L., Maderas San Xusto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

A secretaria xudicial