Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26492

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (355/2012).

Xulgado do Social nº 3 A Coruña, r/ Monforte, s/n. Tfno.: 981 18 51 35/136/137.

Fax: 981 18 51 35. NIG: 15030 44 4 2012 0001855N81291.

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 355/2012.

Demandante: Juan Carlos Rodríguez Muñiz.

Avogado: José Manuel Pérez Nieves.

Demandados: Pavimentos Compavi, S.L., Fogasa.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 355/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez Muñiz contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

A Coruña, 8 de xuño de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha, como demandante Juan Carlos Rodríguez Muñiz, en cuxa representación comparece a procuradora Montserrat Souto Fernández e asistido polo letrado José Manuel Pérez Nieves, e doutra, como demandado, Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma. Polo Fogasa comparece a letrada Eva Abajo Lera.

Decido.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Carlos Rodríguez Muñiz fronte á empresa Pavimentos Compavi, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento e a extinción da relación laboral, con data desta sentenza, con condena da empresa demandada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende a 14.352,60 euros (catorce mil trescentos cincuenta e dous euros con sesenta céntimos).

3º. Todo iso con absolución do Fogasa nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0355 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0355 12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de xuño de 2012.

O secretario xudicial