Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 8 de xuño de 2012, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 097/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), comunícase ás persoas que se citan a continuación as notificacións de aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 097/12.

Denunciado: Muebles Reigosa, S.L.U.

Enderezo: Reigosa, 71, 36820 Ponte Caldelas (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado Servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 8 de xuño de 2012

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Infraestruturas de Pontevedra