Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino a explotación dun guindastre de 5 t para izada/varada de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións no porto de Pontedeume (expediente 12-10-12-C-1).

Mediante Resolución do 6 de xuño de 2012, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada, con data do 21 de maio de 2012, pola Mesa de Contratación e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG número 31, do 14 de febreiro de 2012, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de dominio público portuario con destino a explotación dun guindastre de 5 t para izada/varada de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións no porto de Pontedeume, por falta de licitadores admitidos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 116 e 117 da LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia