Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0113-2012 SUB.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, edificio administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 18 de xuño de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0113-2012 SUB.

Denunciado: José Méndez Viqueira.

Acto de notificación: proposta de resolución.