Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012 pola que se anuncia a contratación en 17 lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da xestión de 60 comedores escolares desta consellería durante o curso 2012/2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfonos: 981 54 54 80/981 54 44 61/981 54 44 28.

5) Telefax: 981 54 54 43.

6) Correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17693

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión de comedores escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 17 lotes definidos no anexo VI do PCAP.

d) Lugares de execución: definidos no anexo VI do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o 30 de xuño de 2013.

f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar ata o 30 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 4.241.408,33 €. IVE (8%) 424.140,83 €. Importe total: 4.580.721,00 €, segundo se desagrega no anexo VI do PCAP.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5% do orzamento base da licitación, incluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 5 do PCAP.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do terceiro día hábil contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique o dato da variación interanual do IPC galego do mes de xuño de 2012. Para os efectos de determinar exactamente o devandito prazo, a unidade tramitadora do expediente sinalará na plataforma de contratación da Xunta de Galicia o día da fin do prazo.

Se o último día deste prazo cadrase en sábado, o Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia permanecerá aberto ata as 14.00 horas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura dos sobres B.

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.00 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, a razón de 10,82 € por cada liña publicada.

10. Outros. Condicións especiais de contratación: de conformidade co establecido no artigo 118 do TRLCSP, o «Programa de promoción da saúde, promoción de hábitos alimentarios saudables e desenvolvemento das habilidades persoais do alumnado» e a cobertura de riscos de responsabilidade civil e intoxicación alimentaria considéranse condicións especiais de contratación, coas implicacións establecidas na cláusula 12.2 do PCAP.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria