Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de xuño de 2012 polo que se notifica a Akros Xestión Integral do Patrimonio, S.L.N.E. a resolución do expediente que se relaciona.

Segundo consta no expediente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, intentada a práctica de notificación á empresa Akros Xestión Integral do Patrimonio, S.L.N.E. da resolución de rescisión do contrato de concesión administrativa do local de incubación de empresa –niño nº 28– do Centro de Empresas e Innovación, sito no Parque Tecnolóxico de Galicia, non foi posible realizala no último domicilio social coñecido da empresa, polo que procede a súa notificación por medio de anuncio público no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución de rescisión completa nas dependencias da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Feáns nº 7 baixo, de Santiago de Compostela, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a citada resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

P.D. (Orde 30.4.2009)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria