Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión, en réxime de concesión, do centro de día de alzhéimer do Concello de Pontevedra, por procedemento negociado con publicidade e tramitación ordinaria.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 61/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, do centro de día de alzhéimer do Concello de Pontevedra, por procedemento negociado con publicidade e tramitación ordinaria.

b) Lugar de execución: Pontevedra.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato (prevista para o 1 de outubro de 2012) ata o 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Orzamento base de licitación: ascende a un millón dezasete mil seiscentos oitenta e tres mil euros con cincuenta e cinco céntimos (1.017.683,55 €) aos que se lle engaden corenta e nove mil seiscentos cincuenta e oito euros con cincuenta e catro céntimos (49.658,54 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de un millón sesenta e sete mil trescentos corenta e dous euros con nove céntimos (1.067.342,09 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50-981 54 46 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 8.1.7) e 8), presentación solicitudes de participación, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17694

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar