Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 15 de marzo de 2012 revogatoria da axuda polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia nº 60, do 25 de marzo), relativa ao expediente TR341D 2011/707-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, que poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta xefatura territorial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Recórdaselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 8 de xuño de 2012

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/707-2.

Nome: Antonio Aguiar González.

DNI/NIF: 33992046-R.

Último enderezo coñecido: lg. Suasbarras, 20, Covas, 27850, Viveiro, Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia.

Feito imputado: non achegar a documentación requirida.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ou por conta propia.