Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 565/2011, interposto contra a Orde do 22 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para o exercicio de 2011.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección 1ª) providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 565/2011, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG), contra a Orde do 22 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para o exercicio de 2011.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9), contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar