Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Zero Pro Fabricación de Células Robotizadas de Paletizado, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que esta Xefatura Territorial de Vigo resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Zero Pro Fabricación de Células Robotizadas de Paletizado, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral que tivo lugar o 8 de marzo de 2012, neste rexistro provincial de cooperativas. Consta como novo domicilio social Lugar Monte Faquiña, número 50 de Tameiga, no concello de Mos.

Vigo, 8 de xuño de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo