Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012 pola que se fai pública a adxudicación definitiva no concurso público de novas oficinas de farmacia, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

Por Resolución do 3 de maio de 2012 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade fíxose pública a lista de adxudicación provisional no concurso público de novas oficinas de farmacia, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006, correspondente ás oficinas de farmacias que resultaron vacantes por mor de renuncias dos adxudicatarios ou da caducidade das adxudicacións reflectidas na Resolución do 28.2.2009 da conselleira de Sanidade.

Tras a análise dos recursos presentados, corresponde adxudicar con carácter definitivo as farmacias de acordo co disposto no artigo 27.2 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

Polo exposto, en virtude das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, e de conformidade cos acordos-proposta da comisión de valoración,

RESOLVO:

Adxudicar, con carácter definitivo, a autorización para a instalación das oficinas de farmacia do concurso público convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, segundo figura no anexo desta resolución, sen prexuízo da ulterior adxudicación da farmacia B1.

Os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido no artigo 14.1 regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da dita Lei 9/1998.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Área sanitaria

Zona farmacéutica

Delimitación territorial

Código

Adxudicatario

A Coruña

Cambre

O Temple (Santa Mariña)

C7

Ortiz Bravo, Josefina

A Coruña

Culleredo

Almeiras (San Xián)

C12

Calleja Chuclá, Teresa Mª

A Coruña

Muxía

San Martiño de Ozón (San Martiño)

C18

Junquera Armesto, Elvira

A Coruña

Oleiros

Iñás (San Xosé)

C20

Peñalver Barral, Mª Dolores

A Coruña

Ponteceso

Cospindo (San Tirso)

C24

Yáñez Martínez, Mª Dolores

A Coruña

Zas

San Martiño de Meanos (San Martiño)

C27

García Díaz, Eva Mª

Ferrol

Narón

Xuvia (Nosa Señora dos Desamparados)

F2

Maceiras Bidegain, Jaime

Ferrol

Pontedeume

Vilar (San Pedro)

F7

Troncoso Rego, Gemma Mª

Santiago

A Pobra do Caramiñal

Lesón (Santa Cruz)

S10

Teijeira Bautista, Marta

Santiago

Ribeira

Carreira (San Paio)

S12

Bouzas Tasende, Ana Mª

Lugo centro

Cospeito

Goá (San Xurxo)

LC2

Yáñez Jato, Matilde

Lugo centro

Friol

San Martiño de Condes (San Martiño)

LC3

Rodríguez Losada, Mª Isabel

Lugo centro

Negueira de Muñiz

Negueira (San Salvador)

LC5

Mauriz Montero, Mª José

Lugo norte

Xove

A Rigueira (San Miguel)

LN5

Balea Filgueiras, Jesús Manuel

Ourense

O Pereiro de Aguiar

Santa Marta de Moreiras (Santa Marta)

O5

Blanco Fernández, José Manuel

Ourense

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia (Santa Mariña)

O8

Fernández Orcajada, Ana

Santiago

Silleda

Escuadro (San Salvador)

S14

Touceda Taboada, Dolores Sonia

Vigo

O Rosal

O Rosal (Santa Mariña)

V9

Iglesias Pereira, Carmen Mª