Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 15 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (CTSAN1 2011/87-1 e dous máis).

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas titulares de establecementos turísticos que a continuación se mencionan as resolucións dos procedementos sancionadores en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán examinar o seu expediente e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Secretaría Xeral para o Turismo situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición, ante a titular da Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2011/087-1.

Sancionado: Manuel Domínguez Moledo.

NIF nº: 32439949J.

Último enderezo: praza de Azcárraga, nº 3, baixo.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 70.ñ) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/184-1.

Sancionado: Joaquín Millán Miranda.

NIF nº: 52930760D.

Último enderezo: rúa da Barreira, nº 30.

Localidade: Ribeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70.a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 2.500,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2010/064-4.

Sancionado: Manuel Falcón Oubiña.

NIF nº: 35444434P.

Último enderezo: camiño Francés-Baión.

Localidade: Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 70.a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: declaración de caducidade.

As resolucións desta secretaría xeral poñen fin á vía administrativa, e son, por tanto, executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta secretaría xeral. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

Mª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo