Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifican, respecto aos expedientes que se relacionan, as resolucións de cancelación das inscricións de salóns recreativos e de xogo e das súas autorizacións no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo.

Segundo consta no expediente, unha vez intentada a práctica doutras notificacións coas ditas empresas, non foi posible realizalas pola causa de ter domicilio descoñecido. Polo tanto, ao se ignorar o lugar para o efecto de notificacións, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase que se proceda á publicación deste presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos dos concellos correspondentes.

As persoas interesadas poderán examinar o acordo completo no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma nº 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, pudendo interpoñerse o dito recurso, ou calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral ou ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Empresa operadora: Recreativos Bellón y Cía, S.L.

CIF: B-15006562.

Salón recreativo: Beirut 73.

Último enderezo coñecido: Cantón de Molíns, 3. 15036 Ferrol (A Coruña).

Data da resolución: 13 de xuño de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Radovir 2000, S.L.

CIF: B-15802150.

Salón recreativo: La Fuente.

Último enderezo coñecido: rúa Rectoral, 7. 15037 Ares (A Coruña).

Data da resolución: 13 de xuño de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Ecar, S.L.

CIF: B-36043818.

Salón recreativo: La Sala.

Último enderezo coñecido: rúa Transversal Troncoso, 5 baixo. 36780 A Guarda (Pontevedra).

Data da resolución: 13 de xuño de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Sala Pasatempos, S.L.

CIF: B-27123975.

Salón recreativo: Pasatempos.

Último enderezo coñecido: rúa Gómez Jiménez, s/n, baixo. 27640 Becerreá (Lugo).

Data da resolución: 13 de xuño de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Garlo, S.L.

CIF: B-15131808.

Salón de xogo: Olímpia.

Último enderezo coñecido: rúa Federico Tapia, 8, baixo. 15005 A Coruña.

Data da resolución: 13 de xuño de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Bola, 13, S.L.

CIF: B-15146434.

Salón recreativo: Bola 13.

Último enderezo coñecido: estrada A Coruña-Fisterra, s/n. 15150 Baio–Zas (A Coruña).

Data da resolución: 13 de xuño de 2012.

Causa da revogación: inactividade.