Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se somete a información pública a formalización do contrato do servizo de Centro de día para persoas maiores dependentes.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2180.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de Centro de día para persoas maiores dependentes do Concello de Ourense.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP núm. 26, do 1 de febreiro e DOG núm. 23, do 2 de febreiro de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 172.500 euros. IVE: 13.800 euros. Importe total: 186.300 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de maio de 2012.

b) Data de formalización: 4 de xuño de 2012.

c) Contratista: Asociación Aixiña.

d) Importe de adxudicación: Importe neto: 166.725 euros. IVE: 6.669 euros. Importe total: 173.394 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir coas prescricións mínimas do prego.

Ourense, 6 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde