Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26080

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se somete a información pública a formalización do contrato de subministración de material de laboratorio, audio, vídeo e outros para o centro de coñecemento Vinte Doce.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2198.

d) Dirección de internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de material de laboratorio, audio, vídeo e outros para o centro de coñecemento Vinte Doce. Lote 1: material de laboratorio. Lote 2: equipamento de audio e vídeo. Lote 3: impresoras 3D, cortadoras láser e fresadoras láser. Lote 4: plotter equipamento multifunción.

c) CPV: Lote 1: 30236000-2. Lote 2: 30236000-2. Lote 3: 30236000-2. Lote 4: 30236000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP núm. 71, do 26 de marzo de 2012 e DOG núm. 60, do 27 de marzo de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 141.765,79 euros. IVE: 25.517,84 euros. Importe total: 167.283,63 euros. Desagregado do seguinte modo:

– Lote 1: material de laboratorio: 46.950,00 euros máis 8.451,00 euros de IVE.

– Lote 2: equipamento de audio e vídeo: 73.946,30 euros máis 13.310,33 euros de IVE.

– Lote 3: impresoras 3D, cortadoras láser e fresadoras láser 10.700,00 euros máis 1.926,00 euros de IVE.

– Lote 4: plotter equipamento multifunción, impresoras láser B/N: 10.169,49 euros máis 1.830,51 euros de IVE.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 31 de maio de 2012.

– Lote 2: 31 de maio de 2012.

– Lote 3: deserto, por non presentarse ningunha oferta.

– Lote 4: 31 de maio de 2012.

b) Data de formalización:

– Lote 1: 6 de xuño de 2012.

– Lote 2: 6 de xuño de 2012.

– Lote 4: 6 de xuño de 2012.

c) Contratista:

– Lote 1: Ingeniería Gallega de Telecomunicaciones, S.L.

– Lote 2: Tecnocom Telecomunicaciones y Energía, S.A.

– Lote 4: Enter Informática Galaica, S.L.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: importe neto: 28.170,00 euros. IVE: 5.070,60 euros. Importe total: 33.240,60 euros.

– Lote 2: importe neto: 48.824,53 euros. IVE: 8.788,42 euros. Importe total: 57.612,95 euros.

– Lote 4: importe neto: 8.609,00 euros. IVE: 1.549,62 euros. Importe total: 10.158,62.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria:

– Lote 1: ser a única oferta presentada e cumprir coas prescricións mínimas do prego.

– Lote 2: ser a oferta máis barata pois o prezo é o único criterio de adxudicación.

– Lote 4: ser a oferta máis barata pois o prezo é o único criterio de adxudicación.

Ourense, 6 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde