Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública.

Perucho, S.C. solicita deste concello licenza para estabulación libre de gando vacún de leite, obras anexas e fosa de xurro no lugar de Olveira. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, que comenzará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 23 de xuño de 2012

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde