Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública relativo á construción de dous silos e á ampliación dunha explotación ganadeira.

María Pilar Pallas Dubra con DNI 32752326-G actuando en nome e representación de DUPA, S.C con CIF J-15894504 solicitou a esta Alcaldía unha licenza para:

1. A construción de dous silos para almacenar forraxe verde localizada nunha leira denominada Leira do Monte, no lugar do Brazal de Abaixo (Rodís). Clave MAS/ 107 2012.

2. A ampliación dunha explotación gandeira existente, mediante a construcción dun almacén aberto de productos do campo e maquinaria agrícola no lugar do Brazal de Abaixo (Rodís) nunha leira denominada Porto Casal. Clave MAS/ 108 2012.

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste Concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideraren oportunas.

Este prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 30 de maio de 2012

José García Liñares
Alcalde