Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de información pública dunha ampliación de construcións agrarias.

A SAT Casa Román nº 1252 XUGA, solicitou neste concello licenza de obra e a actividade para a ampliación de construcións agrarias (nave de vacún de leite, sala de espera, sala de muxir e leitaría), no lugar de Córneas, na parroquia de Meda.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na Secretaría do concello das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5º da Ley 30/1992 a todos aqueles que sexan descoñecidos ou dos cales se ignore o paradoiro, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese practicar.

Castroverde, 25 de xuño de 2012

Xosé María Arias Fernández
Alcalde