Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de reforma interior (PERI) do Vieiro no ámbito da área de execución integral número 1 (AE-1).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de reforma interior (PERI) do Vieiro no ámbito da área de execución integral número 1 (AE-1), do 5 de decembro de 2011, redactada polo arquitecto César Coll por instancia de Inmobiliaria Outeiro de Sar, S.L., sen modificacións respecto do inicialmente aprobado.

O presente acordo notificaráselles aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada. Así mesmo, comunicarase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se remitirán dous exemplares dilixenciados do proxecto definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva da citada modificación foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 8 de xuño de 2012, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa urbanística, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 117, o día 21 de xuño de 2012.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

Ángel Benito Currás Fernández
Alcalde