Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sandiás

ANUNCIO de información pública.

Carlos Manso Blanco y Otros, S.C. solicita nesta alcaldía licenza municipal de obra e actividade para construción de naves e equipamentos técnicos para ampliación de explotación porcina de ciclo pechado, con data do 29.5.2012, que se situará nas parcelas 809-810-811-812-816-817, polígono 502, no lugar das Cortiñas, Santa Ana (Sandiás), neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Sandiás, 18 de xuño de 2012

Mª Concepción Méndez Gándara
Alcaldesa