Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (484/09).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento nº 484/09, deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Luis Tubío Filgueira, contra a empresa Ral Técnica para Laboratorio, S.A., INSS, TXSS, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte sentenza do 24 de maio de 2012, cuxa parte dispositiva é:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Ángel Luis Tubío Filgueira, asistido polo letrado José Ignacio Lorenzo Rubí, contra o Instituto Social da Mariña, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada Victoria Regueira Rodríguez e contra a entidade RAL Técnica para Laboratorios, S.A., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de incapacidade permanente total ascende a 2.113,90 euros, fixando a prestación conforme a devandita base reguladora e condenando os demandados a estaren e pasaren pola devandita declaración, e a que con efectos do 3 de setembro de 2008, aboen a prestación correcta en contía e forma regulamentaria, cos aumentos melloras e revalorizacións que correspondan, debendo anticipar o INSS as devanditas prestacións co límite do artigo 126.3 LXSS, todo sen prexuízo da responsabilidade proporcional de RAL Técnica para Laboratorios, S.A. correspondente ao incumprimento en materia de cotización, e con responsabilidade subsidiaria da TXSS canto ás cotizacións.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recurso que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E para que sirva de notificacion en legal forma a Ral Técnica para Laboratorio, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

A secretaria xudicial