Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e tramitación anticipada de gasto da obra de construción dun punto limpo en Vila de Cruces (Pontevedra), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 31/2011).

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente orixinal: 31/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16996

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: construción dun punto limpo en Vila de Cruces (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

d) Publicidade: DOG nº 236, do 13 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 222.726,63 €.

5. Orzamento de licitación.

a) Orzamento base de licitación: 222.726,63 €.

b) IVE (18%): 40.090,79 €.

c) Orzamento total de licitación: 262.817,42 €.

6. Financiamento: 70% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 8 de xuño de 2012.

c) Adxudicataria: Calfensa Proyectos, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 198.538,52 €. Importe total: 234.275,45 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas