Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (598/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 598/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Alejandro Bustamante Iglesias contra a empresa Cofegal Piedras, S.L., e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Manuel Alejandro Bustamante Iglesias contra a entidade Cofegal Piedras, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Cofegal Piedras, S.L. a que lle aboe ao demandante as seguintes cantidades, incrementadas co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais: 1.329,69 € por salarios de decembro de 2010, xaneiro de 2011, e compensación económica por vacacións non desfrutadas do ano 2011. 192,51 €, indemnización de fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Cofegal Piedras, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

A secretaria xudicial