Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a catalogación de impresos anteriores a 1958 procedentes de bibliotecas de Galicia e con destino á base de datos do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 60, do 27 de marzo de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: catalogación de impresos anteriores a 1958 procedentes de bibliotecas de Galicia e con destino á base de datos do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 162.147,46 €, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 1 de xuño de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 7 de xuño de 2012.

c) Contratista: Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A.

d) Importe de adxudicación: 162.147,46 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria