Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN408A 2012/020).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Cerámica Rioboo, S.L.

Domicilio social: Pravio, 14, 15668 Cambre.

Denominación: modificación da planta de coxeración RE-96D-64.

Situación: Pravio, 14, Cambre.

Características técnicas:

Substitución do motor de potencia eléctrica 675 kW existente por un motor de potencia eléctrica de 500 kW cun xerador síncrono de tensión 0,4 kV alimentado por gas natural, e modificación das súas correspondentes instalacións auxiliares.

Modificación do sistema eléctrico, sistema de gases de escape e o sistema de refrixeración e recuperación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña