Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2012/135-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204. 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. de C.T. Castro de Agudín a C.T. embalse Castro de Agudín.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. estruturada en dous tramos:

1. Lonxitude: 356 metros; orixe: apoio existente HV-630/15 da L.M.T. VAR804B (Caldas) nó 0; final: apoio existente HV-1600/13 da L.M.T. VAR804B (Caldas) nó 7.

2. Lonxitude: 687 metros; orixe: apoio existente HV-1600/13 da L.M.T. VAR804B (Caldas) nó 7; final: apoio existente HVH-3500/13 da L.M.T. VAR804B (Caldas) nó 17.

A instalación está situada no lugar de Castro de Agudín, Cea, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra