Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de restauración do espazo público da Vía da Prata ao seu paso por Xunqueira de Ambía, Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural, Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras, non harmonizado.

b) Descrición do obxecto: restauración do espazo público da Vía da Prata ao seu paso por Xunqueira de Ambía, en Ourense.

c) Prazo de execución: máximo dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 77.490,00 €. IVE (18%): 13.948,20 €.

Importe total: 91.438,20 €, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico da obra poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17682

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 65 94.

Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10.2 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781-Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, observarase o previsto na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de anticipación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

P. D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria