Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 23/12 a Instalaciones Revigas, S.L.

Notifícaselles aos denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita, e que na súa parte dispositiva di: «Sancionar a Instalaciones Revigas, S.L., coa multa de 6.000,00 (seis mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».

Os interesados dispoñen de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para presentar alegacións. Ao remate deste prazo, a xefa territorial da Consellería de Economia e Industria, ditará a resolución definitiva que corresponda.

A Coruña, 14 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador: E.S. 23/12.

Denunciada: Instalaciones Revigas, S.L.

Infracción: artigo 31.2 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e artigo 33.3 da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.