Notifícaselles aos denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita, e que na súa parte dispositiva di: «Sancionar a Instalaciones Revigas, S.L., coa multa de 6.000,00 (seis mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».
Os interesados dispoñen de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para presentar alegacións. Ao remate dese prazo, a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria, ditará a resolución definitiva que corresponda.
A Coruña, 14 de xuño de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente sancionador: E.S. 25/12.
Denunciada: Instalaciones Revigas, S.L.
Infracción: artigo 31.2 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e artigo 33.3 da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.